Contos Vellos para Rapaces Novos




Sete actores galegos fan a súa particular adaptación á televisión dos Contos vellos para rapaces novos, de Xosé Neira Vilas. En total, 35 apaixonantes relatos dos cinco continentes para coñecer as historias que durante séculos pasaron dunha xeración a outra a través da tradición oral e que agora poderán gozar grandes e pequenos en formato audiovisual.